Benvida

Esta bitácora quere ser un lugar de reflexión e debate compartido, na que todas e todos, independentemente da nosa formación, poidamos expresarnos. Convídovos pois a realizar comentarios, propoñer temas e mesmo achegar colaboracións.

Eu escribo en galego porque me sinto cómoda e porque lle quero dar un pulo como idioma no que construír coñecemento. Mais sei que non todos os lectores terán a lingua galega como a materna, e por iso lles quero convidar a escribir na lingua que lles resulte máis cómoda. 

Castelán, inglés, catalán, portugués… aínda que non me poida comunicar en todos eles os entendo, e para o resto sempre existirán os tradutores :P, así que ÁNIMO! COMPARTIDE AS VOSAS INQUEDANZAS E OPINIÓNS. Entre todos construímos este blog. 


Se vos preguntades polo nome do blogue, podedes ler a primeira entrada: Indignaos... pero sen deixar de comprometerse