jueves, 14 de abril de 2011

Impresións sobre o proceso de tese doutoral

Dende o grupo de investigación interuniversitario Seminari d'nvestigació Interuniversitari sobre Estratègies d'Ensenyament i Aprenentatge (SINTE - www.sinte.es) que coordina a Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) están a desenvolver unha investigación sobre as impresións de doutorandos e doutorandas sobre o seu propio proceso da tese doutoral. 

O colectivo de terceiro ciclo, de posgrao, predoutoral... é un colectivo tremendamente dispar e mesmo descoñecido duns para outros nun mesmo ámbito de investigación, algunhas verbas ao respecto sinalábamos no prólogo das actas do II COGALICE

"Cando un remata os seus estudos de grao ten varias posibilidades, unha delas -só unha entre moitas- é a de continuar os seus estudos incorporándose na etapa de Posgrao. Outros fano despois dun tempo, cando xa exploraron outras posibilidades persoais, formativas e laborais. Pero o que está claro é que, se tome no momento no que se tome, non se trata dunha decisión doada e cremos non equivocarnos ao afirmar que, na meirande parte dos casos, é unha desas decisións sobre a que un volve unha e outra vez despois de tela tomado: de verdade este é o meu camiño?, é certo que isot é o que quero?, vale a pena? [...] Seguramente serán moitos os facotres que inciden nesa circunstancia pero agora só queremos facer un pequeno esforzo por plasmar o noso sentir ao respecto. [...] O sector de estudantes de Posgrao é un sector no que reina e se vive certa ambigüidade. Trátase dunha etapa na que se produce unha transición importante -pois un está a aprender a investigar mentres investiga e pode que tamén comezando a traballar como docente universitario mentres segue a ser estudante-, que supón ás veces unha falta de claridade na definición de roles ou mesmo de funcións cando de integrarse dentro dun grupo de investigación ou doutro tipo de agrupación se trata" (Álvarez, D.; Lodeiro, L. e Rodríguez, H., 2011, 15). 

Gustaríame contribuir a este estudo tan interesante achegándovos o correo remitido por María Cerrato, membro do SINTE: 

Hola a todos y a todas,

Desde el grupo de investigación interuniversitario SINTE (www.sinte.es) que coordina la UAB -Universidad Autónoma de Barcelona- estamos validando un cuestionario dirigido específicamente a doctorandos para conocer de primera mano cómo los doctorandos y doctorandas españoles viven el proceso de desarrollar una tesis doctoral.


Necesitamos una muestra bastante amplia y representativa de doctorandos de todo el estado español, por lo que os animamos a participar (la participación es anónima) y, si es posible, a reenviar el cuestionario a todos aquellos compañeros, conocidos, amigos y familiares que estén cursando estudios de doctorado sea en el área que sea dentro del estado español.
Os llevará unos 10 minutos largos responderlo, por lo que de entrada os pedimos disculpas ya que todos estamos suficientemente atareados como para hacer otras cosas, pero os agradeceremos mucho que podías participar, pues conseguir la muestra que necesitamos es todo un reto y sin vuestra ayuda no lo conseguiremos. Deciros, de todas formas, que es ameno de contestar y que aquellos que han participado comentan que ayuda a reflexionar sobre el propio proceso doctoral.
Podéis acceder al cuestionario a partir de este enlace:
Si tenéis cualquier duda o estáis interesados en consultar los resultados que se deriven de la investigación enviad un e-mail a mariacl@blanquerna.url.edu
Muchas gracias por vuestra participación y disculpad las molestias ocasionadas
Maria Cerrato

SINTE


--
Fontes: 
Álvarez Seoane, C. Denébola; Lodeiro Enjo, Laura; Rodríguez Cagiao, Hector (2011). Prólogo. En VV. AA. (coords.). II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación: Etapa de Posgrao. Santiago de Compostela, USC, pp. 15 - 18.     [Pódese descargar o texto completo en: 

No hay comentarios: