O comité organizador do II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación: Etapa de Posgrao (COGALICE) ven de publicar as actas do mesmo, que poden ser descargadas de balde na dirección http://www.usc.es/fcce/congreso_taboleiro.htm
O II COGALICE foi celebrado os días 14, 15 e 16 de abril de 2010 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e nel participaron arredor de 150 persoas, defendéronse unhas 70 comunicacións (orais, poster e alternativas) e estiveron convidados destacados profesores como Miguel Zabalza, Ángeles Parrilla, Miguel Vicente, Rafael Bisquerra, Jose Luis Aróstegui e Jose Antonio Caride.
Este congreso, promovido conxuntamente polo equipo decanal e por un grupo de estudantes de posgrao da Facultade de Ciencias da Educación (USC), naceu en 2008 coa intención de favorecer espazos para a promoción, intercambio e difusión de experiencias e investigacións desenvolvidas nas diversas áreas de coñecemento do ámbito educativo. Ademais, unha das súas características máis senlleiras é que vai especialmente dirixido a investigadores en formación inicial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario