Antonte saín dar unha volta coa miña cadela e coincidimos no paseo marítimo de A Coruña, á altura do Milenium e cara San Roque, cun numeroso grupo de escolares. A imaxe era clara: o grupo ía separado por aulas que á súa vez subdividíanse nun conxunto de cabeza formado por un membro do profesorado (imaxino que titoras e titores) e dous ou tres do alumnado a quen lle seguía, de xeito fraccionado a modo de acordeón, o resto da clase.
As actividades nas que se entretiña o alumnado eran diversas (coleccionábeis que ían intercambiando, botar carreiras, conversas varias...), pero poucos focalizaban a súa atención no contorno. O profesorado tampouco provocaba o interese do alumnado polo que lles rodeaba, estaban preocupados porque o grupo non se dispersase e por chegar no menor tempo posible ao seu destino (o cal descoñezo, aínda que imaxino que era o regreso ao centro escolar).
Non é a miña intención criticar o labor que realizaba este profesorado en concreto, pois como dixen descoñezo a onde se dirixían e con que propósito, pero si a partir deste exemplo sacar a relucir o pouco uso que se lle da dende a educación escolar ao medio como recurso educativo. Non só moitos contidos do curriculum se poden traballar a partir das posibilidades que nos ofrece o contorno, senón que a localización na proximidade favorece procesos de aprendizaxe máis significativos e con maior implicación emocional.
Camiñando pola cidade xorden moitas preguntas e se aquel grupo de escolares tivera tempo para deterse descubrirían ao pé do Monte de San Pedro, arredor do que se continuou o Paseo Marítimo ate a praia do Portiño, que é o único tramo da cidade onde cambia o tipo de balconada cara o Atlántico. E se isto lles tivese levado a preguntarse a que se debe descubrirían que se trata dunha solución para conservar o habitat dalgúns insectos e reptiles que trasládanse do monte ao mar.
Se ademais tivesen ascendido ao recuperado Parque Municipal do Monte de San Pedro descubrirían unha inscrición na batería de cañones instalada entre 1929 e 1933: "a flota aliada, consciente do alcance e potencia desta batería, non perseguía nestas augas aos barcos inimigos". Logo, cabría preguntarnos, porque esta instalación militar era unha ameaza para os aliados da II Guerra Mundial se España declarouse neutral?
Aínda se aquel paseo fose concebido como un trámite, sen sentido en si mesmo, poderíamolo ter aproveitado para traballar aspectos relacionados coa orientación e localización xeográfica. É posible que as axendas apretadas e meticulosas que a maioría da sociedade temos [que soportar] na actualidade, unido á [cuestionable] necesidade de movernos en coche ou autobús, provoquen que a maioría dos nenos e nenas en idade escolar que están comezando a traballar as dimensións espaciais só sexan conscientes dos puntos escola e casa e non do traxecto que vai dun ao outro. Se usamos o paseo dende unha perspectiva didáctica e non coma un problema que nos mantén en tensión, (non vaia ser que perdamos un alumno! -léase irónicamente-), poderemos contribuír ao desenvolvemento das nocións espaciais e temporais.
Adicando máis tempo ao contorno e menos aos libros de texto en aulas pechadas poderíamos descubrir moitas preguntas que nos levarían a traballar os mesmos contidos curriculares, pero cun xeito distinto de achegarnos ao coñecemento.
--
Fontes:
Imaxe do Paseo Marítimo extraída de http://maps.google.es/
Imaxe da batería de cañones extraída de http://www.miorbea.com/2009/07/rutas-coruna-torre-hercules-atlantico.html

No hay comentarios:
Publicar un comentario