miércoles, 13 de abril de 2011

Premios María Barbeito de Educación

Despois de tres anos sen convocatoria é unha ledicia escoitar que se recuperan os III Premios María Barbeito de Educación en Galicia convocados pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e coa colaboración da Consellería de Educación. 

Esta terceira edición contempla dúas convocatorias, unha dedicada a recoñecer aqueles informes orixinais referidos ao coñecemento da educaión en Galicia elaborados durante os cursos 2009-2010 ou 2010 - 2011 (un único premio á Investigación Pedagóxica dotado con 1500 euros) e outra dedicada a recoñecer as experiencias realizadas en centros educativos de ámbito non universitario en Galicia, que premiará os dous mellores traballos que versen sobre organización escolar, integración e tratamento da diversidade, normalización lingüística na educación, innovación didáctica en áreas ou materias, a incorporación das novas tecnoloxías ou a formación profesional (dous premios á Innovación e á Experiencia dotados con 1000 euros o primeiro premio e 500 euros o segundo).

O prazo de presentación á convocatoria en ámbalas dúas modalidades, Investigación Pedagóxica e Innovación e Experiencia, permanecerá aberto ate o 30 de xuño de 2011. Bases dos III Premios María Barbeito de Educación en Galicia

No hay comentarios: