Os centros escolares e bibliotecas levan un tempo preparándose para o Día Internacional do Libro do vindeiro sábado (xa dende o 2 de abril que foi o Día do Libro Infantil). A través do twitter de do Instituto de Tecnoloxía educativa @bp20ite descubrimos a iniciativa Día del Libro en el siglo XXI, un proxecto con propostas moi interesantes como "mi padre lee, mi madre lee, mi herman@ lee, los abuelos leen..." onde os familiares de nenos e nenas achegan historias, contan contos... Este é o exemplo de Diego:
En Galicia atopamos propostas coma a do concello de Lugo que instaurará novas zonas oficiais Bookcrossing (ZOBC) en institucións públicas da cidade ou as actividades a desenvolver na Rede de Bibliotecas Municipais do Concello de Arteixo, as Bibliotecas Municipais do Concello de A Coruña ou a XI Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela, mais se o que vos interesa as experiencias que están a realizar nas bibliotecas escolares galegas recoméndovos que visitedes a páxina web da Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura (Agabel) onde atoparedes varios biblio-blogues escolares.--
Fontes:
O texto completo do tríptico do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil do que se extraeu a imaxe pode consultarse en http://www.oepli.org/desc/pag/DiaInter2011.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario