lunes, 25 de abril de 2011

Do proxecto UDC á Cidade Escolar e relación escola - comunidade

En 1936 Tenreiro presenta un proxecto para construír a universidade de A Coruña no que hoxe en día se denomina Campus de Riazor. Pese a seren aprobada a proposta, este foi un plan frustrado polo comezo da guerra civil e que readaptaríase para seren levado a cabo na dictadura franquista baixo o nome "Ciudad Escolar Francisco Franco". 

Entre o proxecto preguerra e o proxecto postguerra albíscase unha gran diferencia, pasando dunha concepción de conxunto na que todos os edificios estaban relacionados a unha indepedencia entre os mesmos. Nas palabras do arquitecto Xose Lois Martínes no acto da Comisión pola Recuperación Histórica de Coruña "resulta hoxe imposible observar a visión de conxunto de Tenreiro na relación dos edificios, que son separados por elevados muros que illan aos centros educativos e que obrigan a dar longos rodeos para desprazarse dun a outro pese a que sexan contiguos". 

Esta é a realidade que nos atopamos hoxe en día no Distrito V da Coruña, unha mazá formada por
A partir da nova lida na prensa e pensando na situación actual destes centros educativos, venme a cabeza preguntarme porque son necesarios os muros e baixo que sentido están uns centros illados dos outros e da comunidade que lles rodea? Parcerisa e Úcar introducen o libro "La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela" destacando a gran relevancia no papel educativo das escolas, pero tamén sinalando que non son o único ente educativo e que compre unha maior interacción entre as institucións. 

"A escola do noso tempo ten a necesidade de abrirse á comunidade e de romper co seu tradicional illamento. Sen esta apertura dificilmente poderá cumprir a función social que ten asignada. O resto da comunidade, pola súa parte, nin pode nin debe prescindir da escola para poñer en marcha proxectos que son, antes que nada, comunitarios. A escola é tan comunidade como o poden ser o Concello, a polocía, as asociacións de veciños ou as de comerciantes. Unha acción que sexa verdadeiramente comunitaria non pode renunciar a ningún dos seus activos e os centros escolares son, dende o noso punto de vista, un dos máis importantes. [...] O que fai que unha comunidade sexa lago máis que colectivos ou conxuntos de persoas, institucións e entidades son, precisamente, os lazos que vinculan a unhas e outros en densos entramados relacionais. Son eses lazos, que van da escola ao resto da comunidade e de aquela á escola, os que posibilitan comunidades integradas nas que a educación de todos os seus membros, sexan nenos, nais, avós ou persoas discapacitadas, é unha responsabilidade e unh deber asumidos" (Parcerisa e Úcar, 2007, 7-8). 


--
Imaxe 1. Boceto do edificio deseñado por Tenreiro para albergar a Universidade Industrial e Comercial. Imaxe extraída de laopinioncoruna.es
Imaxe 2. Ubicación dos edificios da Cidade Escolar. Imaxe de elaboración propia a partir da información ofrecida por maps.google.es
Parcerisa, A. e Úcar, X. (2007). Introducción. En Castro, Ferrer, Majado, Rodríguez, Vera, Zafra e Zapico, La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela (pp. 7-9). Barcelona: GRAÓ. 

No hay comentarios: