domingo, 15 de mayo de 2011

Estupidez, esa gran ameaza

"Se existe unha teoría científica da intelixencia, debería haber outra igualmente científica da estupidez. Creo, incluso, que ensinala como asignatura troncal en todos os niveis educativos produciría enormes beneficios sociais. O primeiro deles -deixareime levar do meu optimismo- vacinarnos contra a tontería, profilaxis de urxente necesidades, pois é un morbo do que todos podemos contaxiarnos. Por certo, un síntoma de estupidez é ter convertido a palabra 'morbo' (enfermidade) nun eloxio. Se a intelixencia é a nosa salvación, a estupidez é a nosa gran ameaza. [...] 
Se queremos ser fieis á realidade, temos que admitir que a nosa intelixencia ten dous pisos, é unha intelixencia dúplex. Unha cousa é a capacidade intelectual -o piso baixo- e outra o uso que facemos desa capacidade -o piso de arriba-. Unha persoa moi intelixente pode usar a súa intelixencia estúpidamente. [...] Hai, pois, unha intelixencia triunfante e unha intelixencia fracasada. Basta con que a intelixencia consiga as súas metas para que poidamos dicir que tivo éxito? [...] 
Os pensamentos ou actividades que son en si intelixentes, poden resultar estúpidos se o marco no que se moven é estúpido. [...] No ámbito da normalidade danse comportamento moi parecidos, que son claros fracasos. Vou a estudar tres  -o prexuízo, a superstición, o dogmatismo-, e unha perigosa condensación de todos, que é o fanatismo. [...] O fanatismo inclúe todos os fracasos cognitivos, pero engade dous elementos extremadamente perigosos. Unha defensa da verdade absoluta e unha chamada á acción. O principio básico do fanatismo é unha proposición difícilmente discutíbel: A verdade merece un estatuto especial fronte a todas as doctrinas falsas. O malo é que non vai acompañado dunha fundamentación universal desa verdade. [...] 
En todos estes casos aparece un mesmo factor de distorsión: a blindaxe contra as evidencias ou contra os argumentos adversos, que rompe o dinamismo normal e progresivo do coñecemento. Daniel Dennet, un interesante filósofo americano, ten escrito <a liberdade humana consiste só en aproveitar as experiencias pasadas para conducir o comportamento>. O fanatismo somete a cautiverio a intelixencia porque lle impide aprender". (Marina,  2005, pp. 9-52).


--
Fontes: 
Marina, Jose Antonio (2005). La inteligencia fracasada. Teoría y práctica de la estupidez. Barcelona: Editorial Anagrama. 

No hay comentarios: