O discurso sobre a importancia da participación dos diferentes sectores da comunidade educativa no funcionamento das instucións escolares e de formación superior, como a universidade, ten gañado forza nas últimas décadas. Se ben dende 1985, coa promulgación da LODE, xa vivimos un cambio no xeito de concebir a organización dos centros (dereito da comunidade educativa a intervir na institución). O pasado 5 de abril de 2011 vivimos un novo paso cara a democratización da organización e xestión no sistema universitario: a creación do Consejo de Estudiantes Universitario del Estado (CEUNE).
As competencias deste órgano son informar os criterios das propostas políticas do Goberno en materia de estudantes universitarios; ser interlocutor válido ante o Ministerio de Educación; contribuír activamente á defensa dos dereitos dos estudantes; velar pola adecuada actuación dos órganos de goberno das universidades no que se refire aos dereitos e deberes dos estudantes; recibir e dar cauce ás queixas que lle presenten os estudantes universitarios; e elevar achegas ao Goberno. Malia non tratarse dun órgano con función de toma de decisións vinculantes, si supón unha gran oportunidade para avanzar na representación estudantil a nivel estatal (entre outros, os primeiros debates xorden en torno á política de taxas, bolsas e os dereitos estudnatís). Nas verbas do Ministro Gabilondo "con la aprobación del Estatuto y la constitución de este Consejo del Estado, se sitúa al estudiante como gestor de la modernización de las universidades, como uno de los ejes centrales de sus políticas".
É unha oportunidade para potenciar a identificación e o sentimento de pertenza do alumnado, situando aos estudantes como protagonistas do sistema universitario e non só como invitados dentro do mesmo, é unha oportunidade para facer efectiva unha das principais misións na educación: formar ciudadanos educando en e para a convivencia e a participación. Son goberno e estudantes quen teñen agora a importante misión de promover un clima favorable á participación e convivencia democrática e evitar que o CEUNE se convirta nun órgano de confrontación partidaria.
--
Fontes:
Algúns xornais dixitais que se fixeron eco da noticia:
Algúns xornais dixitais que se fixeron eco da noticia:
http://www.aprendelo.com/formacion/constitucion-consejo-estudiantes-universitario-estado
Guttman, A. (2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación. Barcelona, Paidós.
Puelles Benítez, M. (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata.
Puig, J. M. (2000). ¿Como hacer escuelas democráticas? En Educação e Pesquisa, nº 2, p. 55 - 69.
Guttman, A. (2001). La educación democrática. Una teoría política de la educación. Barcelona, Paidós.
Puelles Benítez, M. (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata.
Puig, J. M. (2000). ¿Como hacer escuelas democráticas? En Educação e Pesquisa, nº 2, p. 55 - 69.
No hay comentarios:
Publicar un comentario