A posta en marcha do Master de Formación do Profesorado trouxo da man o descontento e as críticas de profesorado e alumnado. Nogueira e Pellitero (2011) levaron a cabo unha pequena indagación durante a docencia no Master impartido na Universidade de Santaigo de Compostela coa finalidade de analizar e difundir os principais resultados e conclusións sobre as impresións do alumnado matriculado no Campus de Lugo, así como da repercusión cara o futuro. O resultado foi o descontento xeral e unha repercusión bastante negativa sobre a formación inicial e futuro desempeño profesional dos que se estaban a formar coma docentes.
Onte publícase a noticia de que Mario Bedela, Secretario de Estado de Educación e Formación Profesional afirmou que o Ministerio de Educación reformará o Master de Formación do Profesorado se do estudo que está a levar a cabo o seu departamento xunto coa ANECA e o Consejo General de Doctores y Licenciados se deriva que non cumpre os obxectivos. A priori a noticia da esperanza, despois de tantos anos reclamando un cambio na formación inicial dos docentes de secundaria compre cuestionar se a nova proposta formativa da resposta positiva ás eivas que se teñen sinalado.
O que me preocupa máis é descoñecer que tipo de avaliación están a realizar nese estudo no que se vai a basear a decisión de cuesitonarse ou non o cambio, máis cando Bedela declara "un modelo que suponga la selección de los mejores profesionales, que demuestren tener la capacidad científica, didáctica y práctica necesaria para conseguir el éxito escolar de todo el alumnado". Preocúpanme nestas declaracións sobretodo dous aspectos: un discurso excesivamente cargado de excelencia e un discurso falto do componente actitudinal.
Na formación do profesorado non existe un exceso de formación didáctica e psicopedagóxica e en moitos dos actuais e futuros docentes non existe a firme crenza de que para ensinar non abonda con saber o contido. Cal é a función da educación e cal o rol a desempeñar polo profesorado que se está a transmitir aos futuros docentes?
--
Fontes:
Nogueira Pérez, Miguel Anxo e Pellitero Varela, Martín (2011). O máster en formación do profesorado de educación secundaria da Universidade de Santiago de Compostela: impresións do alumnado no Campus de Lugo. En Álvarez Seoane, C. D. e outros (coord). II Congreso Galego de Investigación en Ciencias da Educación: Etapa de Posgrao. pp. 411 - 421. Texto completo en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario