Little drops of knowledge (LDK) ou, en galego, pequenas gotas de coñecemento é un termo que recollo do blogue mallando na e-ira, e que acuñaron para recopilar nunha mesma sección todas aquelas curiosidades e conceptos que contribúen a debuxar "a leira do coñecemento na que estamos mallando".
No noso caso ímoslle imprimir o carácter desa etiqueta baixo a que compilar viñetas, citas, vídeos, fotografías, películas, cancións... das que extraer breves reflexións sobre a educación como campo profesional e científico. Digamos que a través de cada LDK iranse facendo explícitos principios, valores, crenzas, ideas que nos guían no quefacer educativo.
Poderíamolo entender como os retrincos dunha manta. Cada anaco de tela ten sentido por si mesmo, pero ao ir unindo cada un deses retallos, logramos construír unha manta que nos da calor, que nos protexe ante a adversidade do frío. De tal xeito, que o valor e a función da manta é exponencialmente maior que cada un deses retrincos. Nesta metáfora cada retallo é unha LDK e a manta é a teoría educativa, o manifesto pedagóxico baseado en profundas conviccións ideolóxicas.
--
Fontes:
Imaxe extraída do capítulo 2x16 de The Simpsons titulado El suspenso del perro de Bart.
Entrada de presentación da sección LDK no blogue de mallando na e-ira: http://www.mallando.com/2010/07/ldk00-little-drops-of-knowledge.html
Entrada de presentación da sección LDK no blogue de mallando na e-ira: http://www.mallando.com/2010/07/ldk00-little-drops-of-knowledge.html

1 comentario:
Gústame que te animases a empregar esta etiqueta :)
Publicar un comentario