Na entada do 28 de abril falábamos da relación teatro - univerisdade e teatro - educación. Hoxe traemos xunto á educación ao séptimo arte: o cine.
"O cine na educación, é representación simbólica da realidade, non dicta contidos, non evidencia o seu propósito, pero seduce, provoca, conmove, non é educativo ate que o espectador facilita as súas propias situacións de aprendizaxe, volvendoo responsábel do seu actuar. Non é memorístico, pero si reflexivo, o cine conmove ao espectador pero non o forma, nin educa por si só. Se se carece de motivación e de claridade educativa o valor do cine na educación é frustrado. O cine na educación non reprime, non prohibe e tampouco oculta. Non expresa verdade, só propón realidades e ficcións" frase de César Escamilla na entrada El cine en la educación.
Achégovos algunhas páxinas web nas que atopar unidades didácticas e propostas educativas para traballar sobre o cine e a través do cine nas aulas:
CERO EN CONDUCTA: un sitio web social para achegar o cine ao mundo educativo no que atópase profesorado e alumnado e no que podemos desfrutar de entradas dos centros, entrevistas a cineastas, unidades didácticas para traballar películas, entroutros.
CINE Y EDUCACIÓN: páxina web do Grupo Comunicar da Universidade de Huelva sobre cine e educación na que se recollen diversos contidos: a educación dende a perspectiva do cine; unidades didácticas para educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato; temáticas ou contidos escolares que se teñen tratado no cine como medioambiente, dereitos humáns ou feitos históricos; aprender de cine e e películas; educomunicación...
AULA DE CINE: páxina web con contidos teóricos e actividades do programa proposto polo Departamento de Educación, Cultura y Deporte do Gobierno de Aragón destinado ao alumnado de educación infantil e primaria e que ten por obxectivo fomentar e apoiar o uso didáctico do cine como parte da educación para o ocio da xuventude.
CINE EN LAS AULAS: espazo para docentes e educadores que desexan utilizar e compartir as súas experiencias e materiais educativos que sirvan para aplicar o cine como ferramenta didáctica nas aulas.
CINE Y EDUCACIÓN SOCIAL: un artigo de Mª Carmen Pereira publicado na Revista de Educación sobre educación social e cine.
1 comentario:
A través das axudas no facebook ao comentario dunha amiga veño de descubrir esta entrada coas 100 mellores películas sobre locura e enfermidades mentais. Coido non está mal tela de man, para determinados contidos sobre educación especial e NEE pode vir ben.
http://www.decine21.com/Listas/Las-100-mejores-peliculas-sobre-la-locura-y-las-enfermedades-mentales-75
E estoutra páxina con películas relacionadas con deficiencia mental, tamén orientadas ao mesmo ámbito e en relación con valores e dereitos.
http://www.amnistiacatalunya.org/edu/pelis/lista-defic.html
Publicar un comentario