O Congreso Escuela 2.0 celebrazo en Zaragoza no pasado mes de abril ten dispoñible no apartado mediateca da web do congreso as experiencias, mesas redondas e foros de discusión que tiveron lugar no encontro a fin de presentar e intercambiar as experiencias desenvolvidas nas aulas dixitais do programa Escuela 2.0.
Moi recomendábel a intervención de Dolors Reig, que na súa intervención Aprendizaje social y abierto en la Escuela 2.0 trata a temática da web 2.0 como potencial de cambio social, pasando por aspectos como o rol docente, a construción do coñecemento no aula, o cambio do concepto de intelixencia, entornos enriquecidos e aprendizaxe vivencial, 'empoderamento', Contorno Persoal de Aprendizaxe (PLE) e leis do copyright.
Ademais, o pasado 3 de maio fixeron unha reportaxe sobre o Congreso Escuela 2.0 no programa de TVE La aventura del saber: http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventura-del-saber-03-05-11/1089893/
No hay comentarios:
Publicar un comentario