lunes, 9 de mayo de 2011

FECYT TV, a canle da divulgación científica en España

O 27 de abril de 2011 vense de presentar FECYT Televisión, un canal de televisión por Internet (IP) sobre ciencia e innovación que ten o obxectivo da divulgación a todos os púlbicos da actualidade científica e de interese social. 

O proxecto FECYT TV foi impulsado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) tralo análise da última Encuesta de Percepción Social de la Ciencia, da que se desprende a necesidade de difusión do coñecemento científico e o interese dos españoles por este tema. 

Segundo o ITE que publica a noticia no espazo virtual Red de Buenas Prácticas 2.0, a "FECYT TV reflexará os traballos da comunidade científica española, achádegos científicos de relevancia internacional e novidades de interese para o sector. Tamén inclúe espazos de debate, análise, entrevistas e un apartado especial denominado 'Ciencia en las aulas' que inclúe vídeos de carácter didáctico orientados a profesores e estudantes". 

A canle contemplará as seguintes seccións: 
  • Divulgación científica. 
  • Noticias SINC (axenda coas novas máis destacadas da actualidade científica).
  • Actualidad FECYT. 
  • Ciencia en las aulas (espazo para docentes e alumnado no que se integran contidos didácticos sobre distintos temas). 
  • Innovación.
  • Con nome propio (espazo de entrevistas, para profundizar sobre persoas e equipos de científicos). 
  • Debates. 
Video de presentación da FECYT TV

1 comentario:

Unknown dijo...

Non coñecía esta canle a a verdade é que é moi interesante, graciñas por difundila