sábado, 7 de mayo de 2011

Presentacións eficientes e de calidade

Co obxecto de axudar á comunidade universitaria a mellorar as súas técnicas para elaborar presentacións o Área de Asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística da USC ven de crear unha serie de recursos para a realización de presentacións modernas, comunicativas e de calidade baixo os principios de planificación, deseño, redacción e posta en escena. 

Estes recursos complétanse cunha ferramenta de asesoramento de presentacións que ten unha dobre finaldiade: axudar á corrección lingüística das diapositivas e contribuir a mellorar, dende o punto de vista comunicativo, a transmisición técnica e científica. 

Todas estas ferramentas están dispoñíbeis en aberto dende a páxina web do Servizo de Normalización Lingüística: http://www.usc.es/snl/asesora/presenta/iniciopresenta.htm

No hay comentarios: