O teatro no ámbito da educación ten sido utilizado como instrumento didáctico para o traballo de capacidades de expresión e comunicación en obradoiros de lectura ou de animación lectora, de expresión corporal, de creatividade ou mesmo de educación emocional (representación de roles e posicionamentos empáticos). Pero na actualidade, cada vez máis, atópaselle sentido ao seu uso non só como técnica para desenvolver a habilidade de comunicar (co corpo, coa fala, coa escoita, coa lectura ou coa escritura), senón como espazo formativo interdisciplinar.
Dende as universidades galegas estase a facer un esforzo por aproximar o teatro ao mundo Universitario, dunha banda, hoxe péchase en Vigo a XIII Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) coa obra Nunca durmo, representada pola Aula de Teatro da Universidade de Coruña ás 18.30h no Teatro Vidal Bolaño da cidade universitaria do Campus de Vigo.
Doutra banda, na primeira quincena do mes de maio terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC o IV Ciclo de Teatro Comunitario: Teatro (é) Educación que organiza a Comisión de actividades culturais e de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A obra vai comezar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario