martes, 26 de abril de 2011

Presentación Guía de Materiais e Recursos Educativos sobre O Camiño de Santiago

Hoxe ás 21.30h na Residencia Monte da Condesa da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida) terá lugar a presentación da Guía de Materiais e Recursos Educativos sobre O Camiño de Santiago elaborada por un colectivo de alumnas e alumnos da Licenciatura de Pedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación e coordinados polos profesores Xesús Rodríguez e Raquel Mariño. 

Unha guía que recolle os materiais e recursos educativos impresos e multimedia atopados arredor da temática do Camiño de Santiago e que foi posible publicar no 2010, coincidindo co ano Xacobeo, grazas á participación do Concello de Palas de Rei. Nas verbas dos coordinadores: 

"A Guía de Materiais e Recursos Educativos sobre o Camiño de Santiago recolle unha compilación e sistematización dos recursos didácticos que na actualidade existen en Galicia en relación co camiño de Santiago. A diversidade de materiais e recursos aquí recollidos permite axudar e facilitar que os docentes e demais profesionais do ámbito da educación poidan adaptar e artellar as súas propias achegas didácticas. É o interese fundamental desta obra achegar estes recursos ao profesorado dos centros educativos galegos coa finalidade de que os empreguen e adapten segundo as súas necesidades e disciplinas. polo tanto, recóllense diversos recursos para as etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria elaborados polos diferentes concellos, entidades, organismos, institucións, asociacións, colectivos e, por suposto, materiais e recursos que foron elaborados polos propios profesores que, dalgún xeito, comparten unha meta común: atender e difundir a cultura e patrimonio (material e inmaterial) que supón o Camiño de Santiago" (Rodríguez e Mariño, 2010, p. 6). 


--
Rodríguez, X. e Mariño, R. (coords.) (2010). Guía de Materiais e Recursos Educativos sobre O Camiño de Santiago. Santiago de Compostela: Concello de Palas de Rei / Dpto. de Didáctica e organización Escolar / Xacobeo2010 Galicia

4 comentarios:

Unknown dijo...

Gustaría moito de estar, que saia ben! :)

Denébola Álvarez dijo...

Unha mágoa Iago, de seguro que haberá máis ocasións.

Sandra Dios dijo...

Non tiña nin idea de que se presentara a guia, a última vez que falara con Raquel para pasarlle os documentos da nosa parti dixo que nos avisaría, magoa gustaríame ter estado.

Denébola Álvarez dijo...

A verdade que xa se fixeron varias presentacións da guía, a oficial foi en Palas de Rei.
Suponse que remitiron un email a todos os autores para entregar unha copia, así que se non te chegou aviso fala con Suso ou Raquel, quizais haxa algún erro na dirección de correo electrónico.